Avatar noevi

Sunset :)

Un lugar non é algo polo seu ente físico, formado por árbores, ríos, estradas, tráfico...

Un lugar é algo cando significa algo, cando pensar nel trae ó recordo momentos malos que se disolven na memoria ó ser superados de seguido polos bos, polos sorrisos, polas miradas, polos silencios que falan sendo mellores que as verbas.

Un lugar fórmase dos recunchos que sen ofrecer cómodas butacas nin copas de vidro con estilo son testigos de momentos nos que voa o tempo porque simplemente se deixa de ter en conta: edificios, portais, bares, rúas, 24h...

Por todo iso, o que para [email protected] non é máis que unha cidade mal construída, na que chegar a ese conxunto de fontes do saber chamado Universidade é un auténtico suplicido, sen esmorga comparada coa capital santa ou coa cidade das Burgas, resultou ser para min, despois de 5 anos, un todo no que non me faltou nada. Un todo no que as penas e as faltas, esas que parecen queimar a lume, que asemella nunca van desaparecer, se suavizaron ata deixar unha marca que, abofé, nunca se vai borrar, pero que a maior parte do tempo se esquece. Un todo que deixou a pegada da esperanza, do cariño, da amizade, e que tampouco se vai borrar endexamais.

Vigo nunca fora o que foi nestes 5 anos e nunca volverá ser o mesmo. Non o digo con pena nin con medo, en peores nos temos visto, só con morriña. Precisamente porque agora que se separan os nosos camiños vexo máis claro ca nunca todo o que me ensinastes e me aportastes, sei que no Reino Unido ou nos EEUU, en Santiago ou en Lugo, e como non, no propio Vigo, hai anacos dun todo que se van comer o mundo e que se volverán xuntar nalgún momento do camiño da vida, si, esa vida con V da que sempre formaredes parte ;)

MOITA SORTE!!


PD: posiblmnt, sta sexa a miña última ntrada do flog, k total po caso k se ll fai.. :P




On September 20 2010 56 Views



Avatar albafoz

Albafoz On 23/09/2010

canto tempo facia q non utilizaba esto!! mi maaaaaa!!
sigo decindo q me encanta! :D
chuchiños


Avatar krandelsur

Krandelsur On 20/09/2010

Lo he leido todo xD
http://translate.google.es/translate?js=n&prev=_t&hl=es&ie=UTF-8&layout=2&eotf=1&sl=auto&tl=es&u=http://www.fotolog.com/noevi/53086099&act=url




noevi

Favorite noevi

unknown - 19/05
188 Photos
Vide, Galicia, Spain





Tag - Vintage
Loading ...